Convocatoria extraordinaria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO 19-20)

luns, 15 Xullo, 2019

A Escola de Altos Estudos Musicais convoca unha proba de acceso extraordinaria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (2019-2020), co fin de cubrir as prazas que quedaron vacantes na convocatoria ordinaria do 4, 5 e 6 de xullo de 2019: violín 4, viola 1, trompa 1 e trompeta 1.

 

As solicitudes desta convocatoria extraordinaria deberán presentarse ata o 12 de setembro a través da páxina web da EAEM. As probas terán lugar o 20 de setembro na sede da Escola.

 

Máis información