Convocatoria Extraordinaria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral

venres, 22 Xullo, 2022

Tras a publicación dos resultados das probas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2022-23 celebradas o 15, 16 e 17 de xullo, a EAEM informa da publicación da convocatoria extraordinaria de cinco prazas neste curso. As prazas serán dúas de violín, unha de viola, unha de trompeta e outra de trompa.

 

O prazo de inscrición será ata o 12 de setembro e as probas serán dez días despois, o 22 de setembro.

 

CAEO

O curso de posgrao Curso Avanzado de Especialización Orquestral está dirixido a todos aqueles estudantes que finalizaron os seus estudos e teñan como meta poder formar parte dunha orquestra profesional. O curso responde á cada vez mái esixente realidade profesional que conleva unha formación de alto nivel. Amparados polos solistas da Real Filharmonía de Galicia (RFG), os alumnos teñen a oportunidade de estar en contacto directo e traballando con músicos profesionais, adquirindo non só a complexa técnica e a progresiva formación duns criterios musicais propios, senón tamén as ferramentas de relación social e de intercambio de ideas entre os propios instrumentistas e os directores dos diferentes programas.

En virtude dun convenio co Consorcio de Santiago, a Universidade de Santiago recoñece como título propio os estudos de posgrao do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, que conducen á obtención do Gran Diploma de Especialización Orquestral.

 

MÁIS INFORAMCIÓN