Convocatoria extraordinaria do CAEO: 4 prazas de violín e 1 de contrabaixo

luns, 9 Xullo, 2018

A EAEM anuncia unha convocatoria extraordinaria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO). Nas probas de xuño quedaron vacantes 4 prazas de violín e 1 de contrabaixo.

 

O 18 de setembro realizaranse novas probas. As solicitudes para inscribirse nas mesmas deberán presentarse ata o 11 de setembro a través da páxina web da Escola. Xunto coa documentación, os aspirantes deberán indicar o enlace a un vídeo no que se mostre a interpretación das obras requiridas.

 

Máis información