Concertos “A Escola na Cidade”

mércores, 2 Xuño, 2021

A Escola de Altos Estudos Musicais continúa co ciclo de concertos “A Escola na Cidade”. Como colofón dos seus estudos, os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) protagonizarán varios concertos no Paraninfo da Universidade de Santiago, os días 7, 8, 10, 14, 15 e 18 de xuño ás 20:30 horas.

 

Estas actuacións son gratuítas pero, debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, as persoas interesadas en asistir aos concertos deberán reservar praza (máximo dúas por persoa), enviando un correo electrónico a area.cultura@usc.es (indicando o seu nome, apelidos e teléfono), ata o día do concerto ás 12:00 horas.

Documentos relacionados: