Concertos “A Escola na Cidade”

luns, 22 Marzo, 2021

A Escola de Altos Estudos Musicais inicia unha nova edición do ciclo de concertos “A Escola na Cidade”. Os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) protagonizarán varios concertos de cámara no Paraninfo da Universidade de Santiago, os días 23 e 26 de marzo ás 20:00 horas.

 

Estas actuacións son gratuítas pero, debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, as persoas interesadas en asistir aos concertos deberán reservar praza (máximo dúas por persoa), enviando un correo electrónico a area.cultura@usc.es (indicando o seu nome, apelidos e teléfono), ata o día do concerto ás 12:00 horas.

 

Programas