Concertos “A Escola na Cidade”

venres, 31 Maio, 2019

A Escola de Altos Estudos Musicais continúa co ciclo de concertos “A Escola na Cidade”. Como colofón dos seus estudos, os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) do centro protagonizarán como solistas varias actuacións que terán lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia. Serán os días 3, 10, 11 e 12 de xuño ás 20:30 horas. As entradas destes concertos son gratuítas ata completar o aforo.