Concertos “A Escola na Cidade”

mércores, 27 Febreiro, 2019

A Escola de Altos Estudos Musicais inicia unha nova edición do ciclo de concertos “A Escola na Cidade”. O primeiro será unha actuación da orquestra do Curso de Especialización Instrumental (CEI) dirixida polo mestre Maximino Zumalave, o 30 de marzo no auditorio da EAEM, ás 21:00 horas. As entradas, ao igual cas do resto de concertos, serán gratuítas ata completar o aforo.

 

Pola súa parte, os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) protagonizarán varios concertos de cámara no Paraninfo da Universidade de Santiago, os días 8, 9 e 10 de abril ás 20:30 horas. Ademais, como colofón dos seus estudos, cada un dos alumnos deberá realizar un concerto público que implique unha participación solista destacada; os días 3, 10, 11 e 12 de xuño no Paraninfo da USC, tamén ás 20:30 horas.

 

E os alumnos do CAEO que alcancen o nivel de excelencia interpretarán como solistas un programa acompañados pola Real Filharmonía de Galicia. A cita terá lugar o 6 de xuño no Teatro Principal de Santiago, ás 20:30 horas, baixo a batuta de Maximino Zumalave.

Documentos relacionados: