Concertos de “A Escola na Cidade”

luns, 11 Xuño, 2018

A Escola de Altos Estudos Musicais ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados por alumnos do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

 

O ciclo arranca o 17 de marzo cun concerto dos alumnos do Curso de Especialización Instrumental. A cita será no auditorio da propia escola, ás 21:00 horas. A batuta levaraa o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da EAEM e da Real Filharmonía de Galicia.

 

A este concerto seguiranlle outros protagonizados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO). Os días 19 de marzo e 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de xuño, ás 20:30 horas, os rapaces actuarán no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia.

 

Ademais, terá lugar o habitual concerto de fin de curso do CAEO coa Real Filharmonía de Galicia, previsto para o 9 de xuño no Teatro Principal, dirixido por Maximino Zumalave.