Concertos de “A Escola na Cidade”

mércores, 24 Maio, 2017

“A Escola na Cidade” é un ciclo de concertos de música de cámara interpretados por alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) da EAEM. No marco desta iniciativa, celebraranse actuacións os días 27, 28 e 29 de marzo no Paraninfo da Universidade de Santiago. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

 

Como colofón dos seus estudos, cada un dos alumnos do CAEO deberá relizar un concerto público que implique unha participación solista destacada. Estes concertos celebraranse os días 6, 8, 12, 14, 15 e 16 de xuño; tamén no Paraninfo da USC.

 

E o 7 de xuño terá lugar o concerto extraordinario do centro, no que os alumnos do CAEO que alcancen o nivel de excelencia interpretarán como solistas un programa acompañados pola Real Filharmonía de Galicia. Será no Teatro Principal.