Concerto da orquestra do Curso de Especialización Instrumental

mércores, 27 Febreiro, 2019

A EAEM ofreceu un concerto dos seus alumnos do Curso de Especialización Instrumental. A cita foi no auditorio do propio centro.

 

A batuta levouna o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais e da Real Filharmonía de Galicia. E contouse tamén coa participación de alumnos convidados dos conservatorios de Galicia. O público puido gozar coa Sinfonía “O reloxo” de Haydn e cunha selección da obra Rosamunda de Schubert.