Concerto da orquestra de corda do CEI e do Curso de Corda para Nenos

martes, 7 Maio, 2019

A EAEM ofreceu un dobre concerto no Auditorio do centro. O primeiro, protagonizado pola orquestra de corda dos alumnos e profesores do Curso de Especialización Instrumental (CEI). E logo foi a quenda dos rapaces do Curso de Corda para Nenos, dirixidos polo mestre coruñés Jorge Montes, actual director da Orquestra de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia e profesor de violín no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol.