Clases maxistrais xaneiro-maio 2018

luns, 15 Xaneiro, 2018

A EAEM organiza clases maxistrais impartidas por solistas de recoñecido prestixio internacional. Entre os meses de xaneiro e maio contarase coa presenza do trompetista Pacho Flores, o contrabaixista Damián Arenas, os violinistas Sergey Teslia e Tasmin Little, os violoncellistas Ángel Luis Quintana e Suzana Stefanovic e o clarinetista Yehuda Gilad.

 

A inscrición realizarase a través da páxina web da Escola. Os alumnos deberán estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio.

 

Máis información