Clases maxistrais (outubro-decembro 2018)

martes, 18 Setembro, 2018

A EAEM organiza clases maxistrais impartidas por solistas de recoñecido prestixio internacional. Entre os meses de outubro a decembro de 2018 contarase coa presenza do frautista Davide Formisano, o trompetista Yael Fiuza, a trompista Frøydis Ree Wekre, a viola Isabel Villanueva e o violoncellista Ángel Luis Quintana.

 

A inscrición realizarase a través da página web da Escola. Os alumnos deberán estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio.

 

Máis información