Clases maxistrais (novembro-decembro 2020)

mércores, 4 Novembro, 2020

A EAEM organiza clases maxistrais impartidas por solistas de recoñecido prestixio internacional. Ao longo dos meses de novembro e decembro de 2020 contarase coa presenza do trompetista Luis González, o violoncellista Ángel Luis Quintana, o viola Yuval Gotlibovich, o clarinetista Hermann Stefánsson e a frautista Mercedes Schmidt.

 

A inscrición realizarase a través da páxina web da Escola. Os alumnos deberán estar a cursar como mínimo os últimos cursos de grao medio.

 

Máis información