Clases maxistrais febreiro – xuño 2019

mércores, 27 Febreiro, 2019

A EAEM organiza clases maxistrais impartidas por solistas de recoñecido prestixio internacional. Entre os meses de febreiro a xuño de 2019 contarase coa presenza dos violoncellistas Suzana Stefanovic e Ángel Luis Quintana, o fagotista Santiago López, as violinistas Raquel Castro e Mariana Todorova, o clarinetista Yehuda Gilad, o oboísta Stefan Schilli e o percusionista Gratiniano Murcia.

 

A inscrición realizarase a través da páxina web da Escola. Os alumnos deberán estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio.

 

Máis información