Clases maxistrais de violoncello con Suzana Stefanovic

luns, 17 Decembro, 2018

A violoncellista serbia Suzana Stefanovic impartiu clases maxistrais na Escola. Ademais dos alumnos do centro, tamén asistiron músicos externos. 

 

Violoncellista principal da Orquesta de RTVE

Suzana Stefanovic, cellista de orixe iugoslava, reside en España desde hai 30 anos. Desde 1990 é solista da Orquesta Sinfónica da Radiotelevisión Española. Alumna de Relja Četković e Janos Starker, tocou como solista coa OSRTVE, OCB, as Filharmónicas de Belgrado, Zagreb e outras. Deu recitais en España, Suíza e Colombia, estreando obras compostas para ela. Formou parte dos tríos Modus e Clara Schumann. Suzana dedicou gran parte do seu tempo ao ensino, como membro do claustro do Conservatori del Liceu e outros, en cursos e preparando as seccións de cellos da Orquesta Joven de Andalucía, Joven Orquesta Nacional de España e outras moitas.