Clases maxistrais de violoncello con Suzana Stefanovic

martes, 10 Abril, 2018

A violoncellista serbia Suzana Stefanovic vai impartir clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais o 21 de abril. As prazas para estas sesións xa están todas cubertas.

 

Violoncellista principal da Orquesta de RTVE

 

Suzana Stefanovic naceu en Belgrado, onde iniciou os seus estudos musicais aos sete anos de idade. Logo trasládase aos Estados Unidos e máis tarde a Barcelona, onde foi solista da Orquesta Ciudad de Barcelona e profesora no Conservatorio do Liceo. Leva case dúas décadas como solista da Orquestra de Radio Televisión Española e na actualidade é ademais profesora do Conservatorio de Guadalajara en Madrid.

 

Dende os inicios da súa carreira musical ten gañado numerosos galardóns. Destaca o Primeiro Premio do Concurso de Artistas Musicais en Zagreb en 1987 e o Premio "Outubro" da cidade de Belgrado á súa "intensa actividade musical" en 1980.

 

Tocou coas orquestras máis prestixiosas de Europa, entre elas a Orquestra de Cámara Europea; baixo a batuta de grandes directores. Ten estreado obras compostas para ela. Ofrece clases maxistrais por toda España e é convidada con frecuencia a impartir cursos en conservatorios e a traballar coas xoves orquestras do país. Toca un violoncello Gaetano Guadagnini do ano 1827.