Clases maxistrais de trompeta con Manuel Davila

mércores, 5 Febreiro, 2020

O trompetista galego Manuel Davila impartiu clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais. Ademais dos alumnos do centro, tamén asistiron músicos externos. 

 

Solista da Noord Nederlands Orkest

 

Manuel Davila Ares nace na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo en 1990. Dá os seus primeros pasos no eido da música na Banda Bellas Artes de Cangas. Despois de estudar a especialidade de trompeta no Conservatorio Profesional de Vigo, pasa a ser alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, en Santiago de Compostela. En 2012 remata os seus estudos no Centro Superior de Música del País Vasco -Musikene-, obtendo matrícula de honra.

 

Realiza o seu Máster na Universidade de Música de Karlsruhe (Alemaña), co prestixioso solista internacional Reinhold Friedrich. Colabora con importantes orquestras e formacións en Alemaña, España, Italia ou Holanda como a Filharmónica de Stuttgart, Orquesta Nacional de España, Real Filharmonía de Galicia, Residentie Orkest La Haya ou a Royal Concertgebouw Orchestra (Holanda). Dende 2017 é trompeta solista da orquestra holandesa Noord Nederlands Orkest.