Clases de violín con Matthieu Arama

martes, 19 Abril, 2022

O violinista Matthieu Arama impartirá dúas clases maxistrais o xoves 21 e venres 22 de abril na Escola de Altos Estudos Musicais. A estas clases poderán asistir tanto os alumnos do centro como músicos externos matriculándose na páxina web da escola. Os aspirantes teñen que estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

 

Matthieu Arama, nado en 1979, comezou a tocar o violín aos seis anos e debutou como solista na "Salle Gaveau" de París aos once anos. Poucos anos despois gañou o Primeiro Premio e o Premio Especial dos Alumnos do Conservatorio de París (CNSM), onde estudou con Sylvie Gazeau (1996-2001). Logo tivo a honra de ser aceptado na clase de Igor Oistrakh no Conservatorio Real de Bruselas (2001-2006) onde obtivo o seu Diploma de Maestro coa máis alta distinción (coa nota de 20/20 en violín).

 

Matthieu Arama obtivo o Terceiro Gran Premio do Concurso Internacional de Violín de Montreal (2003), unha Medalla de Bronce do Concurso Internacional de Violín de Londres (Benjamin Britten-2004. Tamén éCuarto Premio do Concurso de Violín Shlomo Mintz de Sion e galardoado coas bolsas Yamaha Music Foundation Europe y Feydeau de Brou St Paul.

 

Arama actuou como solista en varios dos máis importantes escenarios da música clásica do mundo. Desde 2009 é o Primeiro Concertino da Orquesta Nacional da Ópera de Burdeos, a segunda máis grande de Francia, interpretando óperas, ballets e conciertos sinfónicos. Desde 2010 tamén dirixe desde o violín a orquesta de corda da Ópera Nacional de Burdeos interpretando serenatas de corda, pezas e conciertos. Foi convidado a tocar como concertino por moitas orquestras de primera liña en Francia pero tamén en todo o mundo, incluíndo a orquestra del Ballet de San Francisco (coa que tamén tocou como solista en 2015 Tchaïkovsky "Souvenir d'un lieu cher ), a Orchestra filarmonica della Scala ou a Orchestra Victoria en Melbourne.

 

Tamén é profesor no Pôle d'Enseignement Supérieur de Bordeaux-Aquitaine (Universidade de Burdeos) e foi adestrador da sección de primeiro violín da Orchestre Français des Jeunes baixo a dirección do mestre Russel Davies e Kwame Ryan en 2011-2012.