Clases de viola con Yuval Gotlibovich

martes, 19 Novembro, 2019

O viola Yuval Gotlibovich impartiu clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais. Ademais dos alumnos do centro, tamén asistiron músicos externos. 

 

Profesor de viola no Conservatorio Superior del Liceo en Barcelona

 

Nacido en Israel, Yuval Gotlibovich sobresae como un dos violas máis solicitados da súa xeración. Gañou diversos concursos internacionais para o seu instrumento, entre eles o primeiro premio no VIII Concurso Internacional Lionel Tertis, no certame “Aviv” en Israel en 2004 ou no Concurso Nacional de Música de Cámara "Fischoff" en Indiana.

 

A súa actividade concertística desenvólvese en Europa, Estados Unidos, Canadá e Israel. Como solista ten tocado coa Sinfónica de Xerusalén, Tel-Aviv Soloists Ensemble, Orquestra de Cámara de Ostrobotnia (Finlandia) ou a Orquestra do Festival de Texas, entre outras agrupacións. Os seus concertos pódense escoitar en cadeas de radio e televisión do Reino Unido, Canadá, Israel, Francia, Alemaña e Estados Unidos. Como solista ten tocado en importantes salas como a Wigmore Hall en Londres, Tel-Aviv Opera House ou o Kennedy Center en Washington. 

 

Foi profesor de viola na Universidade de Indiana. Na actualidade é docente no Conservatorio Superior del Liceo en Barcelona, na Escuela Superior de Música Reina Sofía en Madrid e no Conservatorio della Svizzera Italiana.