Clases de trompa con Frøydis Ree Wekre

martes, 12 Decembro, 2017

A prestixiosa trompista norueguesa Frøydis Ree Wekre ofreceu clases maxistrais na EAEM.

 

Membro honorario da Sociedade Internacional de Trompa

 

Frøydis Ree Wekre naceu na cidade norueguesa de Oslo en 1941, no seo dunha familia de músicos. Dende moi nova comezou a estudar piano e violín, aínda que aos dezasete anos se decidiu pola trompa. Ademais de cursar estudos no seu país, formouse en Suecia, Rusia e os Estados Unidos.

 

Despois de gañar o primeiro premio no concurso nacional para músicos de vento, en 1965 accede ao posto de axuda de solista da Orquestra Filharmónica de Oslo, no que estivo ata o ano 1990. Na actualidade é profesora de trompa e de música de cámara na Academia Noruega de Música. Actúa como solista, interpreta música de cámara, imparte conferencias e clases maxistrais por todo o mundo, ao tempo que participa como xurado en certames internacionais.

 

O seu libro “Reflexións sobre como tocar a trompa ben” ten sido traducido a varios idiomas. Numerosos compositores escribiron obras para ela. Foi presidenta da Sociedade Internacional de Trompa, da que é membro honorario dende o ano 1994.