Clases de clarinete con Hermann Stefánsson

luns, 2 Decembro, 2019

O clarinetista islandés Hermann Stefánsson vai impartir clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais os días 12 e 13 de decembro. Ademais dos alumnos do centro, tamén poden asistir músicos externos. Os interesados deberán matricularse a través da páxina web da Escola. Os aspirantes teñen que estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

 

Profesor no Real Conservatorio de Estocolmo

 

Hermann Stefánsson é clarinetista principal da Real Orquestra Filharmónica de Estocolmo e da Sinfonietta de Estocolmo. Tamén ten sido clarinetista principal da Sinfónica de Helsingborg (Suecia). O afamado músico ten aparecido como solista coa maioría das orquestras sinfónicas suecas e actúa con regularidade con orquestras de cámara e en festivais de música en Suecia e noutros países.

 

Destaca ademais o seu labor como profesor de clarinete, en particular no Real Conservatorio de Estocolmo. Así mesmo, ten ensinado na Academia de Música de Malmö e na Escola de Música de Piteå (Suecia). Ten sido profesor visitante en universidades dos Estados Unidos e impartido cursos en diversos países.

 

Formouse con Yehuda Gilad e Mitchell Lurie na Universidade do Sur de California en Los Ángeles, con Walter Boeykens no Conservatorio de Rótterdam e con Curth Forsberg na Escola de Música de Piteå.

 

Inscrición