(CANCELADO) O trompista Matías Piñeira, na EAEM

luns, 18 Xaneiro, 2021

O trompista chileno Matías Piñeira ía impartir clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais os días 28 e 29 de xaneiro. Debido ás actuais restricioóns sanitarias, as clases tiveron que suspenderse.

 

Tocou baixo a batuta de mestres tan prestixiosos como Daniel Barenboim

 

Matías Piñeira nace en Santiago de Chile en 1989. Con tan só sete anos de idade dá os seus primeiros pasos co seu avó Antenor Piñeira, entrando a formar parte ademais do Orfeón de Bomberos de Chile. Fórmase co mestre Edward Brown, ao tempo que toca como convidado coa Orquesta Sinfónica Nacional do seu país. Posteriormente ingresa no Instituto de Música da Universidad Católica de Chile.

 

En 2005 toca como corno solita coa Orquesta Sinfónica Juvenil de Chile. Aos 19 anos gaña o posto de corno solista da Orquesta Sinfónica de  Chile, da que forma parte durante cinco anos. Logo fórmase na Academia Orquestal da Ópera Estatal de Berlín, agrupación coa que realizou diversas xiras internacionais baixo a batuta  do prestixioso Mestre Daniel Barenboim. En 2015 consegue o posto de corno solista na Filharmónica  de Múnic, onde continúa na actualidade.

 

Inscrición