(APRAZADOS) Concertos “A Escola na Cidade”

luns, 9 Marzo, 2020

A Escola de Altos Estudos Musicais inicia unha nova edición do ciclo de concertos “A Escola na Cidade”. As entradas son gratuítas ata completar o aforo.

 

Os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) protagonizarán varios concertos de cámara no Paraninfo da Universidade de Santiago, os días 16, 17 e 18 de marzo ás 20:30 horas.

 

A orquestra do Curso de Especialización Instrumental (CEI), dirixida polo mestre Maximino Zumalave, ofrecerá un concerto o 28 de marzo no auditorio da EAEM, ás 21:00 horas. Pola súa parte, o grupo de percusión da Escola actuará o 15 de abril, tamén no auditorio do centro, ás 20:30 horas.

 

Ademais, como colofón dos seus estudos, cada un dos alumnos do CAEO realizará un concerto público cunha participación solista destacada; os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de xuño. Serán no Paraninfo da USC, ás 20:30 horas.

 

E os alumnos do CAEO que alcancen o nivel de excelencia interpretarán como solistas un programa acompañados pola Real Filharmonía de Galicia. A cita terá lugar o 11 de xuño, baixo a batuta de Maximino Zumalave. A entrada é libre ata completar aforo, previa retirada de invitación.