Aprazadas as clases co clarinetista Hermann Stefánsson

venres, 20 Novembro, 2020

Debido a causas alleas á nosa vontade, vencelladas á COVID-19, aprázanse as clases maxistrais de Hermann Stefánsson ata nova comunicación. Non entanto, a matrícula segue aberta porque as clases celebraranse nunha data pendente de determinar no período comprendido entre febreiro e xuño de 2021. A organización responsabilizarase de comunicar coa debida antelación, nun prazo non inferior a 15 días naturais, a realización das clases maxistrais.