Continuando co seu labor formativo no ámbito territorial e tralo éxito das anteriores edicións, a EAEM convoca a undécima edición do Curso de Especialización Instrumental (CEI), impartido polos profesores titulares da EAEM e dirixido aos estudantes de Galicia en período de formación (non graduados). Preténdese con este curso formar a xoves músicos galegos a partir da experiencia dun profesorado altamente cualificado.
Especialidades:
Violín
Viola
Violoncello
Contrabaixo
Frauta
Óboe
Clarinete
Fagot
Trompa
Trompeta
Trombón
Percusión
Características do curso:
Alumnado:
Estudantes de grao medio ou superior.
Duración do curso:
De outubro de 2022 a xuño de 2023.
Obxetivo do Curso:
É obxetivo do curso o perfeccionamento instrumental da especialidade elixida a través de 15 horas de clase individual repartidas ao longo do curso académico.
Organizaranse actividades de práctica de conxunto en diferentes períodos ao longo do curso.
Presentación de solicitudes:
As solicitudes deberán presentarse ata o día 9 de maio de 2022 a través da páxina web www.eaem.es, acompañadas da seguinte documentación:
- -Curriculum indicando o curso que está a realizar na actualidade.
- -Relación de obras a interpretar.
Darase prioridade aos alumnos que non realizasen estudos noutras edicións do Curso de Especialización Instrumental.
Probas de selección e criterios de selección dos candidatos:
As probas de selección terán lugar os días 15 de maio (cordas) e 21 de maio (ventos e percusión) na sede da EAEM.
As probas realizaranse coa finalidade de cubrir as prazas das diferentes especialidades, en función da disponibilidade e necesidade da Escola.
Aqueles candidatos que non consigan praza como alumnos activos pasarán a integrar unha lista de agarda, que terá un período de validez do ano académico obxecto da convocatoria.
A Escola disporá de pianistas acompañantes para quen así o solicite no boletín de inscrición.
Contido das probas:
O contido das probas poderá descargarse da páxina web da Escola.
Tribunais:
Formaranse tribunais por especialidades onde os membros singulares serán o director asociado e o xefe de estudos e os non singulares serán os profesores da EAEM de cada especialidade.
Matriculación:
Prezo da matrícula: 300 €
Requisitos para a obtención do diploma e condicións de permanencia:
Os alumnos deberán asistir aos ensaios e concertos das actividades de conxunto instrumental nas datas e horarios establecidos.
A carga lectiva mínima das clases individuais para poder continuar no curso e obter o diploma correspondente establécese en 5 horas por trimestre.
No caso de que non se supere a carga lectiva mínima no primeiro trimestre (outubro-decembro), considerarase abandono do Curso, dando lugar a una praza vacante, que poderá ser ofertada aos candidatos da lista de espera por rigorosa orde de puntuación.
O candidato da lista de espera poderá matricularse no curso previo abono da parte proporcional da matrícula do curso.
Perda de condición de alumno e dereitos de matriculación:
Non superar a carga lectiva mínima establecida por trimestre.
Non asistir aos ensaios e concertos nas datas e horarios establecidos.
Diploma:
Todos os alumnos recibirán un diploma acreditativo dos seus estudos.
Os alumnos que realicen o curso con máximo aproveitamento e tras realizar una proba que demostre os seus progresos ao longo do curso, poderán promover un curso máis despois do pagamento da matrícula correspondente.