Curso de corda para nenos 2021-2022

Características:

Número de prazas: 18 (12 violín / 4 violoncello / 2 viola)

Idades: 5-14 anos

Profesorado: Profesores da Escola de Altos Estudos Musicais

Duración do curso: de novembro de 2021 a maio de 2022

Contidos do curso:

-10 horas de preparación individual mínimas repartidas ao longo do curso en sesións de 30 minutos mínimo.

-5 horas mínimas de actividades colectivas de agrupación instrumental (sempre que a situación sanitaria o permita).

-Realizarase un concerto de fin de curso onde os alumnos interpretarán obras individuais e de conxunto (sempre que a situación sanitaria o permita).

Acceso ao curso:

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2021 a través desta web.

Realizarase unha proba de admisión para seleccionar aos candidatos (18 de novembro de 2021 / 16:30 h). Obra de libre elección.

Prazo de matrícula

30 de novembro de 2021

Prezo: 225 €

Documentos relacionados: