O curso de posgrao Curso Avanzado de Especialización Orquestral está dirixido a todos aqueles estudantes que finalizaron os seus estudos e teñan como meta poder formar parte dunha orquestra profesional. O curso responde á cada vez mái esixente realidade profesional que conleva unha formación de alto nivel. Amparados polos solistas da Real Filharmonía de Galicia (RFG), os alumnos teñen a oportunidade de estar en contacto directo e traballando con músicos profesionais, adquirindo non só a complexa técnica e a progresiva formación duns criterios musicais propios, senón tamén as ferramentas de relación social e de intercambio de ideas entre os propios instrumentistas e os directores dos diferentes programas.
En virtude dun convenio co Consorcio de Santiago, a Universidade de Santiago recoñece como título propio os estudos de posgrao do Curso Avanzado de Especialización Orquestral, que conducen á obtención do Gran Diploma de Especialización Orquestral.
Calendario
Do 1 de outubro de 2019 ao 30 de xuño de 2020.
Plano de estudos por curso académico
Materias
A. ESPECIALIZACIÓN INSTRUMENTAL.
CLASES INDIVIDUAIS: Cada alumno recibirá do seu titor/profesor, un mínimo de 40 horas de práctica instrumental personalizada distribuídas ao longo do curso académico.
PROFESORES VISITANTES. CLASES MAXISTRAIS : Os alumnos da EAEM recibirán clases individuais por parte de solistas de relevancia internacional, sexan invitados da RFG ou contratados para o efecto.
B. PRÁCTICAS COA RFG
Cada alumno, coa supervisión do seu titor, incorporarase á RFG participando nun mínimo de sete programas por temporada (ciclo académico).
C. MÚSICA DE CÁMARA E CONXUNTO INSTRUMENTAL
Todos os alumnos participarán en programas referidos á práctica de conxunto, que se materializarán en concertos públicos ao longo do curso académico.
D. MATERIAS TEÓRICAS
Impartiranse contidos teórico-prácticos aplicados á práctica instrumental, ao coñecemento do mundo profesional así como a aspectos relacionados coa adquisición dunha boa disposición mente-corpo.
E. TRABALLO FIN DE CURSO
Para a obtención do título de posgraduado, os alumnos deberán realizar un proxecto fin de curso, que consistirá basicamente na preparación e interpretación de concertos públicos que impliquen unha participación solista destacada, en concertos individuais ou de conxunto.
Alumnos de posgrao 2018-2019 |
frauta traveseira óboe fagot trompa trompeta clarinete percusión violín violín viola viola violoncello violoncello |