A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto cos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da EAEM

Martes, 14 Junio, 2022

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o vindeiro xoves 16 de xuño un concerto no Auditorio de Galicia co alumnado destacado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais que completan o seu ano de aprendizaxe en Santiago. A entrada será libre ata completar cabida.

 

Neste concerto, dirixido por Maximino Zumalave, os alumnos Álvaro Godoy (violín), Cristina Pati (frauta), Sergio Sánchez (trompa), Julia Filón (violín) Ayse Yavuz (violín), Roberto Bolaño (trompeta), Marcos Vázquez (contrabaixo) Carla Alonso (violín) e Pau Fogàs (violín) amosarán a súa destreza con pezas de Johann Nepomuk Hummel, Wolfgang Amadeus Mozart, Giovanni Bottesini, Pablo de Sarasate e Piotr Ilyich Tchaikovsky.

 

Concertos de fin de curso
Este concerto extraordinario coa Real Filharmonía de Galicia enmárcase dentro dos concertos de fin de curso que están a ofrecer o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral os días 6, 7, 8, 13, 14, 15 e 17 de xuño no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Neses concertos, con entrada libre e que se celebran sempre ás 20.30h, cada un dos alumnos do Curso, como colofón dos seus estudos, participa nestes concertos de cámara públicos realizando unha interpretación solista destacada de autores coñecidos acompañados de piano. Estes concertos son realizados ofrecidos en colaboración coa Universidade de Santiago no programa 'A Escola na Cidade'.

Documentos relacionados: